Un wiki é unha web que ten unhas características especiais, como poden ser que cada documento (páxina) do wiki pode ser editada online. Dependendo do wiki pódense asignar permisos de lectura e edición. Ademais, existe a posibilidade de acceder á historia da revisión dun documento e cada vez que unha persoa realiza cambios nun documento, o wiki almacena as versión nova e a antiga. Desta forma pódense comparar edicións.
Os wikis están a ter moitas aplicacións educativas e podemos utilizalos para que os alumnos traballen de forma colaborativa, para elaborar antoloxías de textos, etc.
Exemplos de wikis educativos.




En galego

De centros escolares

Wiki Don Aurelio. É a wiki do CPI Aurelio M.Rey García de Cuntis
Distibac. Wiki do IES da Pobra do Caramiñal.

De Bibliotecas

Escolares

Wikibiblio. Un espazo de participación das bibliotecas escolares

Municipais

Biblioforum. Wiki da Bibkioteca do Forum Metropolitano da Coruña

Xenéricas

Wikilibros. É un proxecto multilingüe que ten por finalidade construír unha colección de libros electrónicos de contido aberto e libre, destinados especificamente para o público estudantil
Programas para MS-Windows en Galego, unha wiki de mancomun.org
Xistral. Wiki sobre a Serra do Xistral, con información complementaria da que aparece na Galipedia

Noutras linguas

De centros escolares


WikiAlmeraya. Wiki do IES Almeraya. Moi completo e ben feito
IES Miguel Catalán. Wiki do IES Miguel Catalán, en Coslada (Madrid)

Xenéricas

LyricWiki.org: É un sítio que conta con mais de 600.000 páxinas e onde podes encontar letras de cancións en perto de 100 linguas
Westwoodschools. Wiki da escola Westwood
Web Educativa 2.0. Un wiki sobre web 2
Wikicole. Un espazo para centros de Educación Primaria

Bioloxía, xeoloxía e medio ambiente

Wikiteca. Wiki dos Museos Científicos coruñeses.
Wikisilva.Un espazo da Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal de Pontevedra
Biogeolinks. Enlaces organizados para as ciencias naturais na ESO e no Bacharelato
Despertando conciencia planetaria


De recursos TIC

Aplicacionstic. Recolle enlaces que poden ser de utilidade no ámbito educativo. En catalán