Rios de Europa
Os ríos europeos son moderadamente longos, sen grandes avenidas e, en xeral, regulares. A excepción a estas características son os ríos mediterráneos, que teñen profundas estiaxes e grandes avenidas. Os ríos bálticos e rusos xéanse no inverno. Os grandes ríos son navegables durante moitos quilómetros.
Os ríos máis longos de Europa son:
  • Volga que ten 3.531 km de lonxitude e desemboca no mar Caspio.
  • Ural que ten 2.428 km e desemboca no mar Caspio.
  • Dniéper que ten 2.201 km e desemboca no mar Negro.
  • Danubio que ten 2.860 km de lonxitude e que desemboca no mar Negro.
  • Rin que ten 1.326 km de lonxitude e que desemboca no Atlántico.
Exceden os 1000 km o Elba, o Loira e o Texo; que desembocan no Atlántico, o Vístula, o Dvina que desembocan no Báltico, e o Don que desembocan no Mar de Azov, o Pechora que desemboca no océano Ártico e o Dniéster que desemboca no Mar Negro.
Outros ríos importantes son: Guadalquivir, Guadiana, Douro, Garona, Sena, Támesis e Mosa que desembocan no Atlántico; Óder que desemboca no Báltico; Ebro e Ródano, que desembocan no Mediterráneo; e Po que desemboca no mar Adriático.
En Europa hai multitude de pequenos lagos repartidos por todo o territorio. A maior parte dos lagos son de orixe glaciar e atópanse na contorna do mar Báltico. A excepción é o mar Caspio, que fai fronteira con Asia. Os lagos máis grandes de Europa son:
  • Ladoga de 18.400 km²
  • Onega de 9.752 km²
  • Vaenern de 5.565 km²
  • Saimaa 4.400 km²
Superan os 1.000 km²: Paijaenne, Irari, Vaettern e Maelaren, todos eles en Suecia, Finlandia ou Rusia.
Fóra do ámbito do Báltico teñen importancia os lagos Balatón (Hungría), Grada (Italia), Leman e Constanza (Suiza).
Todos os grandes ríos europeos están regulados por embalses, que proporcionan enerxía eléctrica, auga para regadío e para consumo humano. Desde a Antigüidade serviron como medio de comunicación, e aínda son navegables en gran parte do seu percorrido. No centro e norte de Europa existe unha tupida rede de canles que comunica un río con outro, de tal xeito que é posible atravesar gran parte do continente de río en río e de canle en canle.
Os ríos mediterráneos son máis irregulares, e hoxe en día non permiten a navegación, pero ao longo do seu curso se diseminan presas e canles para regadío e xeración de enerxía eléctrica. Son os ríos máis embalsados do continente, xa que a irregularidade das súas caudales fai necesario reservar auga para as épocas de seca.
Os ríos máis septentrionais xéanse no inverno, así como o Mar Báltico e o océano Ártico. Durante esta época os ríos convértense en vías de comunicación polas que poden circular trineos, e barcazas durante a época de desxeo.

1.- Actividades. Indica ou significado das palabras subliñadas. Para iso podes ir ao seguinte enlace:
http://www.digalego.com/
Indica as principais canles fluviais de Europa e algunha das súas características.