As bitácoras ,webs e redes sociais de recursos TIC son cada vez máis abundantes, tanto as creadas por profesores e profesoras como algunhas que utiliza o alumnado.


Bitácoras e webs de recursos TIC en galego

Bitácoras


  1. Unha das que conta con máis recursos é ticblog, blog do coordinador TIC do CPI Aurelio M. Rey García - Cuntis (Pontevedra).
  2. Remexer na lingua. Remexer na lingua ofrece interesantes enlaces e comentarios sobre diferentes aspectos relacionados co uso das TIC na aula e comparte contidos con linguaprende.
  3. Son de poetas, unha antoloxía musicada de poesía galega

Webs

  1. Tecnoloxía na educación Secundaria. Unha páxina con recursos para a materia de Tecnoloxía na ESO.
  2. Na punta da lingua, unha magnifica páxina de Rosa Salgueiro
  3. Unha páxina xa clásica de Anxo Gonzalez Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel con abundantes exercicios de lingua.

Redes sociais


  1. Ágora rede. Rede aberta a todo o profesorado que aposte pola cultura do intercambio para a innovación e a mellora da práctica docente, polo traballo colaborativo coas TIC e polo labor de difusión de experiencias, materiais, ferramentas e recursos didácticos.