2awiki.jpg

Benvidas e benvidos a este espazo que só pretende ser un lugar de encontro, un recompilatorio de artigos, unha exposición de experiencias, de recursos etc, que teñan a ver co ensino e tamén, co sistema educativo, da Galiza, mais non só.
Polo de agora o único responsábel disto son eu, alguén que habita na Galiza e de momento está protexida a páxina de modo que só eu podo escribir.
Mais todo se andará para que chegue a ser unha webwiki colaborativa. Na Wikiescola non hai que matricularse e o ensino é, durante toda a vida, público, laico, gratuíto e galego. Pouco a pouco irán aparecendo entradas que apuntan a diferentes recursos.
Se che interesa algunha categoría podes subscribirte a través da pestana notificame.
Tamén está aberta a posibilidade de discusións para recoller as opinións sobre os recursos incluídos: aclaracións, suxestións críticas, utilidades, experiencias, etc.A wikiescola é un wiki en desenvolvemento e, polo de agora, só vai referenciar materias para traballar nas aulas de 3ª D e de 4º D. Tamén de 4º A.



salalectura.jpg





Outra forma de ler.
Nesta sala de lectura poderá ler prensa, libros, revistas, etc.
De momento pode ler Cousas de Castelao ou subscribirse a leitura diaria.